O Arxil engánchase á pelexa polo play-off tras vencer en Barcelona (60-65)

Pontevedra
05 de febreiro 2017

Terceiro triunfo consecutivo das pontevedresas nun traballado partido ante o Lima Horta Barcelona que lles permite colocarse a só unha vitoria da fase de ascenso á máxima categoría

Partido entre Arxil e Lima Horta Barcelona no CGTD Diego Torrado

Terceiro triunfo consecutivo do Club Baloncesto Arxil na Liga Feminina 2, que lle mete de cheo na pelexa por entrar na fase de ascenso á máxima categoría ante o tropezo dos seus rivais directos.

O cadro pontevedrés superou nun traballado encontro ao Lima Horta Barcelona (60-65) e colócase a só unha vitoria da cuarta praza.

As verdes marcaron a pauta no inicio do choque, e da man de Keita e María Lago e a gran achega de Carla Fernñandez empezaron a tomar vantaxe.

Así, chegaron ao final do primeiro cuarto cinco arriba (14-19) e ampliaron a renda ao descanso grazas ao bo nivel defensivo (28-35).

Mellorou o cadro catalán tras o descanso, dificultando o ataque das pontevedresas e igualando ao máximo o electrónico (46-47), pero recuperou o nivel o Arxil e terminou definindo nos últimos minutos, nos que estivo máis acertado que o seu rival.

Consulta aquí as estatísticas do Lima Horta Barcelona-Arxil.