O Arxil estreará a LF Challenge recibindo o TSN Leganés

Pontevedra
25 de xullo 2024

A Federación Española de Baloncesto fixo oficial o calendario de competición da LF Challenge 24/25, categoría na que por primeira vez participará o Arxil e que dará comezo o 28 de setembro

Partido de Liga Feminina 2 entre Arxil e BF León
Partido de Liga Feminina 2 entre Arxil e BF León / Cristina Saiz

O Club Baloncesto Arxil xa coñece o camiño que lle espera na que será a súa tempada de estrea na Liga Feminina Challenge, tras o seu recente ascenso de categoría.

O conxunto pontevedrés, que partirá co obxectivo de conseguir a permanencia, estrearase como local, recibindo na casa o TSN Leganés a fin de semana do 28 de setembro.

Unha semana máis tarde, o primeiro desprazamento do curso será á cancha do Unicaja Mijas o 5 de outubro.

Único equipo galego na competición, o Arxil pechará pola súa banda a liga regular o 26 de abril en Pontevedra fronte ao NBF Castelló.

Consulta o calendario completo de competición da Liga Feminina Challenge 24/25.