O Bádminton Ravachol, satisfeito dos seus resultados no Trofeo Cidade de Pontevedra

Pontevedra
22 de outubro 2019

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva acolleu a competición do calendario galego para as categorías sub-11 e absoluta

Equipo do Bádminton Ravachol no III Trofeo Cidade de Pontevedra
Equipo do Bádminton Ravachol no III Trofeo Cidade de Pontevedra / Club Bádminton Ravachol Pontevedra

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva foi escenario do III Trofeo Ciudad de Pontevedra de Bádminton.

A cita, incluída no calendario autonómico para as categorías sub-11 e absoluta e puntuable para o ranking nacional coa máxima puntuación para este tipo de eventos.

Foi unha boa oportunidade para o club local, o Bádminton Ravachol Pontevedra, de sumar quilómetros de competición cun evento que cualifican de éxito organizativo.

Os resultados do Ravachol foron ademais notables. Pablo Albores levou o ouro en dobres xunto ao estradense David Domínguez na categoría sub-11, mentres que Raquel Miguens, en individual feminino e en dobres feminino xunto a Ana Carbón conseguiu unha dobre medalla de prata en categoría absoluta.

As dúas últimas medallas sénior lográronas en categoría masculina cos bronces en dobres de Alejandro Nogueira e Manuel Brea, e de Pablo Sanmartín e Miguel Serrano.