Triunfo por partida dobre de Natalia Murio no Máster de Sevilla de bádminton

Pontevedra
31 de outubro 2019

A deportista pontevedresa do Bádminton Ravachol competiu a fin de semana no torneo da clasificación nacional sub-17 disputado na localidade sevillana de La Rinconada 

Natalia Murio (centro) no podio do Máster Nacional Sub-17 de La Rinconada en Sevilla
Natalia Murio (centro) no podio do Máster Nacional Sub-17 de La Rinconada en Sevilla / Club Bádminton Ravachol Pontevedra

Natalia Murio volveu a demostrar o seu gran estado de forma confirmado un positivo inicio de tempada.

A deportista  porntevedresa do Bádminton Ravachol vén de proclamarse campioa por partida dobre no Máster Nacional Sub-17 celebrado a fin de semana na localidade sevillana de La Rinconada.

Murio venceu na modalidade de dobres feminino formando parella con catalá Paula Molins, e tamén subiu ao primeiro banzo do podio no dobres mixto xunto ao madrileño Álvaro Moral.

Este resultado súmase á medalla de ouro conseguida en setembro no Máster Nacional de Madrid no mixto xunto á medalla de bronce no dobres feminino.

Un dobrete de título que supón un impulso importante para a deportista do Ravachol ao permitirlle escalar posicións no Ranking Nacional.