O Bergantiños dobrega o Pontevedra B na segunda metade (2-0)

Pontevedra
03 de decembro 2023

Un penalti por man ao comezo do segundo tempo rompeu a resistencia do filial granate no campo do líder e un dos máximos aspirantes ao ascenso

Partido entre Pontevedra B e Arosa na Seca
Partido entre Pontevedra B e Arosa na Seca / Cristina Saiz

O Pontevedra B non puido dar a sorpresa este domingo no campo do líder da Terceira RFEF e un dos máximos aspirantes ao acenso, o Bergantiños (2-0).

O filial granate, que viña de rabuñar un punto ante o Arosa, ofreceu resistencia nas Eiroas, cun once no que ademais do senegalés Guèye aparecía Valentín Jaichenco, tras quedar fóra da convocatoria do primeiro equipo.

Ao Bergantiños custoulle facer dano aos de Jesús Ramos, que conseguiron chegar ao descanso coas táboas no marcador.

Pouco durou na continuación, xa que un penalti por man dentro da área transformábao Álex Ramos no 1-0 batendo a Carlos.

Quedaba toda a segunda parte por diante, pero xa nos minutos finais e co Pontevedra B tentando sen éxito a igualada o que chegou foi o 2-0 definitivo, obra de Longo.

Coa derrota o filial granate segue en postos de descenso en Terceira RFEF, ao ser penúltimo con 10 puntos.

Consulta aquí a acta do partido entre Bergantiños e Pontevedra B.