O Club Cisne segue anunciando baixas e renovacións para a nova tempada na División de Honra Prata.
Despois de anunciar que o lateral esquerdo Álvaro Preciado continuará un ano máis no equipo, chegou a quenda do muro do equipo, Jorge Villamarín.
O gardameta, clave no ascenso a Asobal e peza fundamental no equipo, seguirá defendendo as cores do equipo pontevedrés polo menos unha tempada máis.
Pola súa banda, o extremo dereito José Leiras, súmase a Dani Ramos, Gonzalo Carró e Miguel Simón e pon fin á súa etapa cisneísta despois de cinco anos no club pontevedrés.