O cisneísta Álvaro Preciado seguirá vestindo de branco a próxima tempada

Pontevedra
10 de maio 2020

Tras anunciar que Jabato seguirá á fronte do equipo por dúas tempadas máis, e coa vista posta na próxima campaña na que competirán na máxima categoría do balonmán español, o conxunto branco revelou este sábado a renovación dunha das súas pezas importantes, o lateral esquerdo Álvaro Preciado

Álvaro Preciado, no partido entre Cisne e Zamora no CGTD
Álvaro Preciado, no partido entre Cisne e Zamora no CGTD / Diego Torrado

O Cisne segue planificando o seu futuro con novas renovacións.

Tras anunciar que Jabato seguirá á fronte do equipo por dúas tempadas máis, e coa vista posta na próxima campaña na que competirán na máxima categoría do balonmán español, o conxunto branco revelou este sábado a renovación dunha das súas pezas importantes, o lateral esquerdo Álvaro Preciado.

O canteirán, integrante dos Hispanos Junior, está "muy contento" coa decisión que tomou o club do que leva vestindo a súa camiseta desde a infancia.

"Mi primera opción siempre ha sido continuar" asegura Preciado, que espera que o ano que vén "la gente disfrute lo máximo posible del balonmano de élite nacional".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora