O coronavirus deixa a Pontevedra sen as súas clásicas partidas multitudinarias de xadrez na rúa

Pontevedra
26 de maio 2020

O  Xadrez na Rúa e o PonteXadrez, previstos para o 30 e 31 de maio, quedan suspendidos pola imposibilidade de cumprir coa normativa sanitaria

VI Pontexadrez Diego Torrado

A crise sanitaria do Covid-19 segue marcando a axenda de eventos deportivos. A imposibilidade de agrupar a grandes grupos de persoas nun mesmo recinto para previr a transmisión do coronavirus obriga este ano a suspender dúas clásicas citas do calendario pontevedrés: o Xadrez na Rúa e o PonteXadrez.

A concellería de Deportes informou este martes da suspensión destes dous eventos que cada ano organiza a Escola Xadrez Pontevedra sen fixar unha nova data alternativa.

O 30 de maio estaba prevista a celebración do Xadrez na Rúa, mentres que ao día seguinte estaba fixado o PonteXadrez, dúas xornadas nas que adoitaban participar centenares de persoas da cidade e chegados doutros punto do país para sentar fronte a algún dos incontables taboleiros que cada ano instalábanse na Praza de España.