O Peixe Galego non se conforma e reforza o seu equipo co base Jacobo de Benito

Marín
03 de xaneiro 2018

O club marinense, gran dominador do seu grupo na liga EBA, non quere sorpresas na segunda fase da tempada coa esperanza de chegar coas máximas posibilidades á fase de ascenso

Javi Llorente, durante un partido do Peixe Galego Cristina Saiz

Foi o gran dominador da primeira metade da tempada na Liga EBA, primeiro do seu grupo con pleno de vitorias e lanzado cara á fase de ascenso.

Pero todo iso non é suficiente para o Peixe Galego, que non se conforma e quere seguir mellorando o seu rendemento co obxectivo de aumentar as súas posibilidades nos duelos definitivos que esperan na fase final da campaña, nos que buscarán o seu retorno á Liga LEB Prata.

Por iso, e conscientes de que o plantel era curto tras a marcha de Gerard Sevillano, o club marinense decidiu reforzar o equipo coa chegada dun xogador contrastado na categoría.

Trátase de Jacobo de Benito, base ourensán que a pasada campaña proclamouse campión de grupo en EBA co Chantada alcanzando bos números e 20 puntos de valoración. A súa actitude defensiva e a súa visión de xogo convenceron ao corpo técnico que dirixe Javi Llorente.

O  Peixe Galego aproveita así a opción que se lle brindou polo traslado de Jacobo de Benito a Pontevedra por motivos laborais, xa que se incorporou á BRILAT.

O base podería debutar xa o vindeiro domingo 7 de xaneiro no regreso do equipo á competición oficial, cunha visita á cancha do  Basket Coruña.