O Poio Pescamar blinda a súa portería coa renovación de Sandra Buzón

Poio
17 de xuño 2023

O Poio Pescamar xa ten blindada a súa portería para a próxima campaña. Se esta mesma semana o cadro vermello confirmara a renovación de Elena, este sábado anunciou que a súa outra gardameta, Sandra Buzón, continuará un ano máis vestindo a camiseta do equipo  

Sandra Buzón (arriba dereita), no partido entre Marín Futsal e Poio Pescamar na Raña
Sandra Buzón (arriba dereita), no partido entre Marín Futsal e Poio Pescamar na Raña /

O Poio Pescamar xa ten blindada a súa portería para a próxima campaña. Se esta mesma semana o cadro vermello confirmara a renovación de Elena, este sábado anunciou que a súa outra gardameta, Sandra Buzón, continuará un ano máis vestindo a camiseta do equipo.

"Estamos obrigados a manter ás dúas porteiras que estableceron o récor de menos goles encaixados da nosa historia", confirman desde o cadro conserveiro, que destacou o curso de Sandra Buzón como "magnífico".

De feito, o bo traballo realizado durante a tempada 22/23 serviu para que a porteira de 26 anos debutase como internacional coa Selección Española.

"A alternancia en portería con Elena foi perfecta, servindo a ambas as para mellorar o seu rendemento e mesmo marcar dous goles", subliñaron desde o Poio Pescamar.

Con ela xa son catro as xogadoras confirmadas para un equipo que dirixirá un ano máis Luís López Tulla: o regreso de Ale de Paz e as renovacións de Laura Uña e Elena.