O Grupo Deportivo Súper Froiz finaliza unha intensa fin de semana. En primeiro lugar, o sábado, os deportistas do club pontevedrés viaxaron a Oviedo para disputar a xornada inicial do challenge de dous días Volta a Vetusta no alto do Naraco. O domingo, tocou a final da mesma, onde lograron unha vitoria crave para a clasificación final.
Por unha banda, Martín Lestido logrou terminar a primeira etapa na sexta posición, seguido por Diego Noriega, facendo, ambos, unha gran carreira. Loitaron todo o que puideron por entrar na escapada dos favoritos. Conseguírono e o Alto do Naranco marcou diferenzas entre os corredores. Co bo traballo que desempeñaron os da agrupación pontevedresa, estes terminaron a proba na segunda praza da clasificación por equipos.
Lestido volveu facer o seu na etapa do domingo, onde cunha chegada ao sprint ao mesmo tempo que o vencedor, Anxo Fuentes, do Gomur, fíxose cun merecido décimo quinto posto. Mantendo, así, a segunda posición do seu equipo na xeral final.