O Supermercados Froiz cae ao quinto posto do ránking nacional

Pontevedra
20 de novembro 2015

O equipo ciclista pontevedrés abandona o primeiro posto da clasificación de equipos elite e sub-23 despois de sete anos liderando o ránking. Lizarte (País Vasco), mellor equipo da tempada

Martín Lestido e Pedro Merino na Volta a Zamora 2015 Super Froiz

Despois de sete anos terminando a tempada no alto do ránking nacional de equipos elite e sub-23, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz cede o trono.

A Real Federación Española de Ciclismo actualizou a clasificación por equipos anual, unha vez finalizado o curso, coa escuadra pontevedresa na quinta posición.

O Froiz terminou o ano cun total de 1.418 puntos.

O novo número un do ránking é o Lizarte vasco cun total de 2.767 puntos. Completa o podio o o Bicicletas Rodriguez Extremadura e o Fundación Euskadi.

Tras ser destronado do primeiro posto, o Froiz traballa xa en recuperar posicións para a próxima tempada, para a que xa anunciou hai unhas semanas ás súas primeiras fichaxes.