O Supermercados Froiz inicia a súa renovación fichando catro promesas do ciclismo galego

Pontevedra
13 de outubro 2015

Destaca a incorporación de Alejandro Regueiro, campión da última Copa de España junior e bronce no nacional de fondo en estrada. O equipo dirixido por Evaristo Portela mantén a súa aposta das últimas tempadas polos corredores galegos  

Novas fichaxes do GD Supermercados Froiz GD Supermercados Froiz

Sen descanso, terminando a actual tempada o Grupo Deportivo Supermercados Froiz xa pensa na próxima e no seu futuro a medio prazo, e é que o equipo pontevedrés pechou catro fichaxes de futuro e con acento galego.

Seguindo a liña dos últimos anos, a escadra dirixida por Evaristo Portela aposta polas grandes promesas do ciclismo autonómico.

Entre as incorporaciones destaca a de Alejandro Regueiro, corredor compostelano que este ano se proclamou campión da Copa España junior, foi terceiro no nacional de fondo en estrada e acudiu coa Selección Española ao Mundial en Estados Unidos.

Ademais o Froiz anunciou o fichaxe de Víctor Fernández, campión galego xuvenil de fondo en estrada, Martín Bouzas, campión de España e galego xuvenil contrarreloxo, e de Diego Somoza, campión galego sub-23 contra o crono.