O TM Monte Porreiro regresa á competición con derrota fronte ao Borges Vall (4-0)

Pontevedra
11 de xaneiro 2020

O conxunto pontevedrés, que comezou gañando o primeiro xogo do partido, non puido facer nada para levar a vitoria, e finalmente caeu por un contundente 4-0 na súa visita ao segundo clasificado na Superdivisión Masculina, o Borges Vall de Lleida

Xornada 4 do Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión masculina fronte ao Priego TM Diego Torrado

Primeira xornada do ano de Superdivisión Masculina de Tenis de Mesa despois do parón do Nadal, na que o TM Monte Porreiro desprazouse a Lleida para enfrontarse ao segundo clasificado, o Borges Vall. O conxunto pontevedrés, que comezou gañando o primeiro xogo do partido, non puido facer nada para levar a vitoria e finalmente caeu por un contundente 4-0.

Os primeiros en saltar á cancha foron Elsayed Ahmed e o xogador do Monte Porreiro, Guillermo Martínez que, a pesar de derrotar a xogador local no xogo inicial por 2-11, terminou cedendo os tres seguintes (3-1).

Co 1-0, chegou a quenda de Joan Masip e Betancor, que puxo contra as cordas ao catalán para levar o partido ata un quinto xogo moi igualado que finalmente acabou caendo a favor dos locais (3-2).

No terceiro cruzamento, Pedro Fernández perdeu por 3-0 ante Marc Durán, e deixaban paso de novo a Elsayed Ahmed e Betancor, que se enfrontaban nun duelo no que o xogador do Visit levou o primeiro e terceiro xogo, mintas que o catalán gañaba o segundo e o cuarto. Co 2-2 no luminoso, chegouse a un quinto xogo que acabou levándose o xogador local para poñer o 4-0 no marcador final.

Consulta a acta do Borges Vall- Visit Pontevedra.