O Waterpolo Pontevedra volve mirar cara a México para reforzar o seu equipo de Primeira Nacional

Pontevedra
15 de setembro 2023

A xoven xogadora mexicana Martha Dalahy, de 19 anos, é a segunda fichaxe confirmada polo club pontevedrés para a que será a súa segunda campaña consecutiva en categoría nacional

Martha Dalahy, segunda fichaxe do Waterpolo Pontevedra 23-24 Club Waterpolo Pontevedra

O segundo proxecto consecutivo do Club Waterpolo Pontevedra en categoría nacional, concretamente na Primeira División Nacional Feminina, suma unha nova peza.

Do mesmo xeito que a pasada campaña, cando a entidade pontevedresa buscou talento novo alén do charco para elevar o nivel do plantel, a segunda fichaxe da nova tempada aterra desde México.

Trátase de Martha Dalahy Castillo Jaramillo, xogadora de só 19 anos que "vén co obxectivo de contribuír ao persoal para chegar a obter todas as metas marcadas por club", sinala o Waterpolo Pontevedra.

A súa fichaxe únese ao da balear Marina Sastre, anunciado con anterioridade.

Martha Dalahy segue desta forma o camiño aberto hai un ano polos seus compatriotas Alejandra Gallegos e Karla Hernández, que contribuíron á gran tempada do Waterpolo Pontevedra en Primeira Nacional.