Okutu revalida o seu título nacional de lonxitude baixo teito e logra a mínima para o Campionato de Europa

Marín
23 de febreiro 2015

O atleta marinense proclamouse en Antequera campión de España en pista cuberta cunha marca de 7.96 metros, o que supón a súa clasificación automática para o Europeo de Praga do próximo mes de marzo

Jean Marie Okutu no Campionato Galego celebrado en el CGTD

Por segundo ano consecutivo Jean Marie Okutu proclamouse campión de España de salto de lonxitude en pista cuberta.

En Antequera o atleta marinense logrou a súa mellor marca persoal baixo teito con 7.96 metros no seu quinto intento, o que supón a súa clasificación directa para o Campionato de Europa que se celebrará do 6 ao 8 de marzo na capital checa, Praga.

Okutu aproveitou a baixa do seu principal rival, Eusebio Cáceres, para impoñerse con autoridade co que é ademais o oitavo mellor salto nacional de todos os tempos en pista cuberta.

Completaron o podio de lonxitude Rodrigo de la Oliva con 7.66 metros e Sergio Rípodas con 7.49.