Os equipos do Galaico perden a categoría na Copa de España de natación

Pontevedra
23 de decembro 2020

O club pontevedrés non puido cumprir os seus obxectivos na competición nacional celebrada durante os últimos días en Castelló

Equipo feminino do Galaico na Copa de España de Clubs Club Natación Galaico

O Club Natación Galaico non conseguiu os seus obxectivos na Copa de España que se celebrou os últimos días en Castelló.

Tanto o equipo feminino na Primeira División como o masculino na Segunda División certificaron o seu descenso de categoría.

As mozas, últimas en competir, non lograron pasar da sétima posición entre os 7 clubs participantes, ao sumar 316 puntos nas dúas xornadas de Copa e ser superado por AD Rivas (357 puntos) e CN Delfín (407).

Defenderon ao Galaico en Castelló: Paula Goyanes, Antía García, Alicia Bouzas, Laura Cano, Carla Goyanes, Iria Rodríguez, Nayara Fernández, Paula Fariña, Gabriela Simón, Candela Sánchez, Ana Pérez e Nuria Payola.

En todo caso na competición feminina se o Galaico foi a cruz a cara foi a ata hai pouco o seu nadadora emblema, Bea Gómez, agora nas filas dun CN Santa Olaya que conseguiu a primeira posición e por tanto o seu ascenso a División de Honra. Gómez foi unha das mellores deportistas en escea con tres primeiros postos nos 200 e 400 estilos e o 400 libre, ademais dun segundo nos 800 libre.

Tampouco lle foron ben as cousas ao equipo masculino do Galaico na Segunda División, disputada a fin de semana, ao concluír no posto 15 entre os 16 participantes.

No seu caso representaron ao club pontevedrés: Cristian Fernández, Daniel Sánchez, Jacobo Ucha, Cibrán Leal, Pablo Martín, Pedro Pereira, Marc Ciurana, Bruno Rey, Alex Lages, Nico Luque, Miguel Passos e Nuno Gonçalves.