Se a montaña non vai a Mahoma, Mahoma vai á montaña. Cos esa filosofía o Club Cisne Balonmán quixo achegar o seu deporte a todos os pontevedreses sacándoo á rúa.
Por se gundo ano consecutivo o club pontevedrés quixo medir a puntería dos seus veciños convertendo a céntrica Praza da Peregrina nunha cancha improvisada de balonmán.
Tratábase de promocionar a campaña de socios da entidade e buscar apoios cando está a piques de empezar a súa segunda tempada na División de Honra Prata.
Xogadores do primeiro plantel animaron a participar aos pontevedreses que pasaban pola zona, ademais de pedir o seu apoio para a estrea ligueira do próximo sábado (18:00 horas) ante o Gijón Jovellanos no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.