Ouro e dobrete de prata no Open de España da man de Segio Troitiño, Arlet Ortiz e Sara Cortegoso para o taekwondo pontevedrés

Pontevedra
17 de abril 2023

A taekwondista do Mace Sport Sara Cortegoso consegue a clasificación para o campionato do mundo de Bakú, que se celebrará do 29 de maio ao 4 de xuño 

Sara Cortegoso (esquerda) medalla de bronce no Open de España
Sara Cortegoso (esquerda) medalla de bronce no Open de España /

O taekwondo pontevedrés brillou a pasada fin de semana no Open de España celebrado na cidade alacantina da Nucía, na que Sergio Troitiño fíxose coa medalla de ouro, mentres que Arlet Ortiz e Sara Cortegoso conseguiron senllas medallas de prata.

Ao subirse ao segundo chanzo do podio, Cortegoso consegue a clasificación para o campionato do mundo absoluto que se celebrará en Bakú do 29 de maio ao 4 de xuño. A deportista do Mace Sport chegou con sobrada solvencia á final, na modalidade de -46 quilos, despois de deixar atrás a tres rivais. Con todo, no combate polo ouro, un golpe recibido nunha man que lle provocou unha incómoda hinchazón lastrou a súa competición. Aínda así, a pontevedresa deu a cara e redondeou unha tempada brillante, con bos resultados en diferentes campionatos internacionais, que lle serviron para lograr o billete ao mundial. 

Pola súa banda, os taekwondistas do Mat's de Marín volveron demostrar o seu excelente estado de forma cun novo éxito. Troitiño proclamouse gañador na modalidade de -87 quilos, mentres que Ortiz foi segunda en -62 quilos. 

O júnior Anxo Pazos (Mace Sport), tamén brillou na Nucía. Na categoría de -63 quilos, o prometedor taekwondista avanzou con paso firme ata semifinais deixando atrás a tres rivais. Na antesala da final, non tivo opcións de vitoria ante o representante do equipo nacional Jorge Millán e tivo que conformarse cunha meritoria medalla de bronce.

No cadro feminino, a taekwondista Silvia Otero, do Mat's de Marín, chegou á final, na que caeu nun combate moi igualado coa manchega Sofía García logrando así a medalla de prata.

En categoría cadete, na que a selección galega pechou o campionato no máis alto do ranking masculino, brillaron Daniel Agra (Mat's) e Roi Fraga (Número Phi) con senllas medallas de ouro. Pola súa banda, Carla Pereiro (Mat's) conseguiu a medalla de bronce.