Bo resultado de Pablo Dapena na Copa de Europa de tríatlon disputada este domingo en Riga (Letonia).
O deportista pontevedrés foi sexto na liña de meta cun tempo de 54:14, nunha proba disputada na distancia de sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira).
Malia a sexta praza, Dapena non rematou contento pola súa actuación ao poder habido pelexar polo triunfo de non ser por "facer a peor transición da miña vida" antes do sector final a pé, segundo el mesmo recoñeceu tras a proba nas redes sociais, na que a súa bicicleta caeu mentres calzaba as zapatillas facéndoo perder un valioso tempo.
O gañador en Riga foi o ruso Alexander Bryukhankov cun tempo de 53:43, seguido do ucraíno Oleksiy Syutkin (53:50) e do belga Simon de Cuyper (53:52).