Peche coas modalidades de trail á terceira edición da Pontevedra 4 Picos

Pontevedra
23 de abril 2017

Un cento de deportistas participaron este domingo na segunda e última xornada da Pontevedra 4 Picos, a destinada á carreira de montaña ou 'trail'

Saída do trail na Pontevedra 4 Picos 2017 Diego Torrado

Segunda e última xornada de competición na terceira edición da Pontevedra 4 Picos Bike & Trail.

Un cento de deportistas tomaron a saída este domingo nas probas de carreira de montaña ou trail, nas súas diferentes modalidades.

Os primeiros en tomar a saída, ás 7:30 horas da mañá, foron a vintena de inscritos na proba máis dura de todas, o ultratail de 55 quilómetros de percorrido.

Máis tarde, ás 10:00 horas, partiron o resto de participantes nos trail de 17 e 33 quilómetros respectivamente.

Todo un broche a unha edición da Pontevedra 4 Picos que, cunha fin de semana de bo tempo, resultou máis vistosa que nunca.

Os resultados e tempos completos poden consultarse na web www.magmasports.es.