O Poio Pescamar bate unha marca na Selección Española

Poio
25 de agosto 2025
Actualizado: 16:30

Tras a citación de última hora de Martita, o conxunto conserveiro é por primeira vez o equipo que máis futbolistas achega a unha convocatoria da Selección Española Absoluta

Ale de Paz, Martita, Elena e Noelia Montoro coa Selección Española Poio Pescamar FS

Protagonismo absoluto do Poio Pescamar na concentración da Selección Española Absoluta.

España iniciou a súa preparación para o Mundial coa súa primeira citación do ano, e nela o conxunto conserveiro marcou un novo fito na súa historia.

A Selección completou xa unha semana de preparación con tres vermellas como Elena, Ale de Paz e Noelia Montoro.

Esa cifra de futbolistas achegadas á Selección xa a tiña asinado nalgunha outra ocasión o Poio Pescamar, pero unha chamada de última hora supuxo unha nova marca.

A seleccionadora Clàudia Pons, anunciou dous cambios na convocatoria antes dos amigables que España xogará contra Marrocos, polas lesións de Anita Luján e Peque.

No seu lugar entran Antía Pérez (Bloques Cando Castro) e a conserveira Martita, elevando a catro as xogadoras achegadas polo Poio Pescamar.

Unha situación que se dá por primeira vez, como tamén por primeira vez o club da Seca convértese no que máis futbolistas achega á selección nacional.

Martita súmase desta forma este luns na citada concentración ás súas tres compañeiras, coa previsión de viaxar o martes a Rabat para o dobre compromiso amistoso ante a campioa de África, os días 29 e 30 de agosto.