Poio repite como sede dunha xornada de convivencia do rugby galego

Poio
22 de maio 2025
Actualizado: 29 de maio

A xornada, organizada polo Pontevedra Rugby Club, xuntará máis de trescentos nenos e nenas de 4 a 12 anos nos campos municipais da Seca

Presentación en Poio da Concentración de Escolas de Rugby de Galicia Concello de Poio

Os campos municipais da Seca, en Poio, volverán converterse, polo menos por un día, no centro do rugby galego.

Do mesmo xeito que en 2024, alí celebrarase a Concentración de Escolas de Rugby de Galicia.

Trátase dun evento que reunirá, estiman, máis de 300 deportistas de entre 4 e 12 anos, nunha xornada de convivencia e deporte.

Organizada polo Pontevedra Rugby Club co apoio do Concello de Poio, contará coa participación de escolas deportivas de todo Galicia.

Partidos, xogos ou actividades formativas buscarán formentar o compañeirismo e respecto propio do deporte do balón oval.

Todo dunha maneira non competitiva, xa que non haberá marcadores.

A Concentración de Escolas de Rugby de Galicia ten previsto o seu comezo ás 10.30 horas deste próximo sábado 24 de maio.

Serán horas de diversión até finalizar co tradicional terceiro tempo, cunha comida na contorna da Seca.