Póker de vitorias consecutivas para Alexis Viéitez nunha renovada Subida Cidade de Pontevedra

Pontevedra
15 de xullo 2018

Nin o obrigado cambio de trazado da proba, que cambiou Marcón por Bora, impediu que Alexis Viéitez volvese a demostrar que cando corre en casa é practicamente imparable. O piloto do Buxa Motor Poio logrou un incontestable triunfo, o seu cuarto consecutivo, na Subida Cidade de Pontevedra

XXI Subida Cidade de Pontevedra Diego Torrado

Nin o obrigado cambio de trazado da proba, que cambiou Marcón por Bora, impediu que Alexis Viéitez volvese a demostrar que cando corre en casa é practicamente imparable. O piloto do Buxa Motor Poio logrou un incontestable triunfo, o seu cuarto consecutivo, na Subida Cidade de Pontevedra.

Viéitez finalizou a primeira xornada da proba como líder, e este domingo confirmou o seu dominio sendo tamén o máis rápido nas últimas quendas da competición.

Tras lograr o mellor tempo nas catro mangas da proba, o pontevedrés logrou a vitoria acumulando un tempo de 3:40.834, a suma dos seus dous percorridos máis rápidos.

Foi, en total, case seis segundos máis rápido que o segundo clasificado, Sergio Varela (Pontevedra 1984 Team). Terceiro concluíu Pablo Rey (T. Martínez Racing), que quedou a media décima de segundo da prata.

Os resultados completos da XXI Subida Cidade de Pontevedra pódense consultar nesta ligazón.

A proba discorreu pola estrada PO-233, en dirección a Carballedo. A saída estivo situada no campo da festa de Santa Lucía (Bora) e a chegada, 4.270 metros despois, na Xesteira (Cerdedo-Cotobade).