O Pontevedra baixa da nube para preparar o seu desprazamento a Torrelavega

Pontevedra
24 de abril 2025
Actualizado: 14:10

O plantel granate regresou este xoves aos adestramentos tras as celebracións polo seu ascenso e un merecido descanso. Fíxoo cunha sesión no Manolo Barreiro 2 da Xunqueira

O Pontevedra volve aos adestramentos tras o ascenso a Primeira RFEF
O Pontevedra volve aos adestramentos tras o ascenso a Primeira RFEF / Mónica Patxot

Aínda con resaca emocional tras o seu ascenso a Primeira RFEF, pero ao Pontevedra Club de Fútbol tocoulle este xoves volver á realidade.

Despois das intensas celebracións, tanto a noite do domingo con nunha maratoniana xornada de recepcións o luns, o plantel granate gozou de dous días de merecido descanso.

Un tempo de recuperación que finalizou co regreso aos adestramentos este xoves cunha sesión celebrada no campo Manolo Barreiro 2 da Xunqueira.

Todo no medio dun ambiente distendido, no que non faltaron as bromas, sorrisos e até cánticos, xa sen a presión de ter que asegurar o primeiro posto.

Con todo quedan por diante aínda dúas xornadas de liga e toca de novo poñer a roupa de traballo.

Os de Yago Iglesias miran xa cara ao que será o seu último desprazamento do curso, esta mesma fin de semana, para enfrontarse a unha Gimnástica de Torrelavega (domingo 27, 12.00 horas) que xa perdeu mantemáticamente a categoría.

Fano ademais cun 'miniobxectivo', o de tentar acabar a liga sumando o seis puntos en xogo. De logralo o Pontevedra alcanzaría de feito a súa segunda maior puntuación histórica.

Despois chegará o momento de negociacións, coa maior parte dos xogadores e o corpo técnico finalizando contrato. Pero iso xa será outro cantar.