Primeira vitoria do ano do Pontevedra Club de Fútbol... E que vitoria. O equipo granate resistiu o empuxe do Racing de Ferrol para levar un derbi cargado de tensión e inaugurar o 2026 sumando tres puntazos.
Os de Lérez adiantáronse na primeira metade por medio de Alain, o conxunto racinguista empatou ao regreso dos vestiarios e Resende, tras un exercicio de resistencia do todo o equipo, anotou o 2-1 que toleou a Pasarón.
Con apenas 15 futbolistas do primeiro plantel sans na convocatoria apostou Rubén Domínguez para o primeiro enfrontamento do ano por un claro 4-1-4-1 con Marqueta regresando á portaría tras a súa lesión, Alain e Miki de centrais e Miguel Cuesta e Vido nos laterais. Por diante, Montoro de enganche, Yelko e Tiago no medio, Luisao por banda dereita, Álex na esquerda e arriba Compa.
A aposta durante o primeiros dez minutos de partido foi clara, polo menos por parte do equipo visitante, que se fixo co control da posesión e tratou de xerar perigo en área dun Pontevedra ben plantado en defensa, aínda que con serias dificultades para saír co balón.
De feito non foi até o minuto 12 cando se produciu a primeira chegada a área rival por parte dos granates, nunha boa acción de Tiago enviando o balón a banda esquerda, onde recibiu Álex. O capitán centrou e Luisao apareceu para rematar de primeiras, pero o seu disparo despexouno un defensor. O rexeite cazouno Vido e impactou con Azael dentro da área. O Pontevedra reclamou revisión por posible penalti, pero o colexiado non viu nada punible.
A acción foi clave no devir do encontro xa que, tras ela, o Pontevedra sacudiu os posibles medos e deu un paso de xigante para castigar ao seu rival apenas 5 minutos despois desde a esquina. Da mesma forma que ocorrera ante o Celta Fortuna, Yelko puxo o balón ao segundo pau, onde apareceu Alain Ribeiro para cabecear o esférico ao interior da rede e adiantar os granates.
Tras o gol, o cadro racinguista volveu facerse dono do esférico na busca do empate, pero os de Lérez, moi ordenados en defensa, mantiveron o perigo afastado da portaría defendida por un Marqueta que interveu por primeira vez no minuto 38 para tapar un disparo de Azael entre o tres paus.
O Pontevedra continuou coas liñas xuntas e sen apenas sufrir ata que se alcanzou o tempo de desconto. Os granates querían matar o primeiro tempo en campo rival, pero un erro nun control de Luisao estivo a piques de custarlles moi caro. Álvaro rouboulle o esférico e abriu cara á banda dereita para Álvaro Juan, quen puxo un centro ao segundo pau para Álvaro Giménez. O xogador visitante rematou, obrigando a Marqueta a intervir cunha parada de socato coa que enviou o partido ao descanso coa vantaxe mínima para o seu equipo.
Ao regreso dos vestiarios o partido cambiou por completo e o asedio visitante terminou dando os seus froitos tras un saque de esquina. Álvaro Juan puxo o córner e o coiro paseouse pola área granate, botou mal e Zalaya, aparecendo desde atrás, rematou á rede para devolver o empate.
A seguinte acción de perigo foi para o Pontevedra nunha xogada invididual de Compa, pero Miguel Parera encargouse de evitar o segundo tanto local.
Empezou a mover ficha entón o técnico visitante e o Racing dispuxo dunha clarísima ocasión coa que puido dinamitar o choque, pero Marqueta, practicamente desde o chan, sacou dúas mans para evitar o gol de Pascu, que acaba de ingresar ao terreo de xogo.
Entrou o partido nos últimos 10 minutos e, contra todo prognóstico, o conxunto lerezano volveu dar un golpe sobre a mesa tras resistir o empuxe o rival. Era o minuto 82 e Yelko puxo o balón desde a esquina, a defensa rexeitou e Resende, de primeiras, bateu a portaría rival para pór o 2-1 e tolear á afección local.
Co Racing envorcado en ataque en busca da igualada, o Pontevedra tratou de aproveitar os ocos que deixaba o rival en defensa para sentenciar, pero os disparos de Compa e Miguel Cuesta detívoos o gardameta verde.
Con este triunfo, cuarto consecutivo, os granates igualan na táboa con 30 puntos co seu rival este sábado, consolidándose na zona de play-off de ascenso.
PONTEVEDRA CF (2): Marqueta, Miki Bosch, Alain Ribeiro (Expo, min. 92), Álex González (Resende, min. 46), Yelko, Miguel Cuesta, Vidorreta, Luisao (Garay, min. 64), Compa, Montoro e Tiago.
RACING CLUB DE FERROL (1): Miguel Parera, Migue Leal, Álex Zalaya, Edgar Pujol (Saúl, min. 89), Álvaro Ramón, Ander Gorostidi (Pascu, min 72), Aitor Geraldo, Álvaro Juan (Jairo, min. 72), Álvaro Giménez (Escobar, min. 77), Azael e Raúl Dacosta (David, min. 77).
Árbitro: Francisco Crespo Puente (Cantabria), auxiliado nas bandas por José Miguel Álvarez Borbolla e Jaime Campelo Núñez e con Borja Cardoso Rodríguez como cuarto árbitro. Amoestou a Compa (40') e Tiago (90+3) no Pontevedra e a Migue Leal (22') e Azael (59') no Racing de Ferrol.
Goles: 1-0, Alain, min. 17. 1-1. Zalaya, min. 53. 2-1, Resende, min. 83.
Incidencias: Partido da xornada 18 de liga de Primeira RFEF disputado no Estadio Municipal de Pasarón ante preto de 8.500 espectadores, según a estimación do Pontevedra ante a caída do seu sistema electrónico.
1/78
Partido entre Pontevedra CF e Racing Club de Ferrol en Pasarón
Beatriz Ciscar
2/78

3/78

4/78

5/78

6/78

7/78

8/78

9/78

10/78

11/78

12/78

13/78

14/78

15/78

16/78

17/78

18/78

19/78

20/78

21/78

22/78

23/78

24/78

25/78

26/78

27/78

28/78

29/78

30/78

31/78

32/78

33/78

34/78

35/78

36/78

37/78

38/78

39/78

40/78

41/78

42/78

43/78

44/78

45/78

46/78

47/78

48/78

49/78

50/78

51/78

52/78

53/78

54/78

55/78

56/78

57/78

58/78

59/78

60/78

61/78

62/78

63/78

64/78

65/78

66/78

67/78

68/78

69/78

70/78

71/78

72/78

73/78

74/78

75/78

76/78

77/78

78/78