Positiva estrea de tempada para o Bádminton Ravachol

Pontevedra
18 de setembro 2018

O Club Bádminton Ravachol Pontevedra disputou a primeira proba do calendario oficial da tempada en Vigo, desprazando un total de cinco deportistas

Equipo do Ravachol Pontevedra na competición do Circuíto Galego en Vigo Club Bádminton Ravachol Pontevedra

O Club Bádminton Ravachol Pontevedra iniciou o curso coa súa primeira competición oficial da tempada, dentro do Circuíto Galego Absoluto e sub-11.

Ata Vigo desprazáronse cinco deportistas do club pontevedrés, deixando un balance positivo nas súas actuacións.

Destacou a medalla de ouro en categoría absoluta conseguida por Raquel Miguens e Jesús Pereiro e a prata da propia Miguens na modalidade individual.

Ademais competiron Álex Ramos, María Torres, Javier Rey e o sub-11 Pablo Alborés.

A próxima cita para o Ravachol Pontevedra será o sábado 22 na Coruña, coa disputa do circuíto galego sub-15 e sub-19.