Primeiro título do ano para a Gimnástica no Campionato Galego de Probas Combinadas

Pontevedra
12 de xaneiro 2015

No Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo os equipos masculino e feminino lograron senllos títulos

Equipo da Gimnástica no Galego de Probas Combinadas Sociedad Gimnástica

Dominio absoluto da Sociedad Gimnástica no Campionato Galego de Probas Combinadas, celebrado a pasada fin de semana en Lugo.

No Estadio Gregorio Pérez Rivera os equipos masculino e feminino lograron senllos títulos.

David Ferrer, Santi Ferrer, Álex Solla, Jon Alonso, Darío Costas, Pablo Tojal e Marco Martínez no apartado masculino e Sandra Carballo, Alesandra Campo, María Jiménez, Marta Burés no feminino foron os atletas que representaron á Gimnástica.

Santi Ferrer con 4.805 puntos, Darío Costas con 4.681 e Álex Solla con 4.231 sumaron 13.717 puntos para asegurar o primeiro posto, xa que contaban as tres mellores puntuacións, mentres Sandra Carballo con 3.093, María Jiménez con 1.811 e Alesandra Campo con 1.749 lograron un total 6.653 puntos.

En veteranos Francisco Quintáns subiu ao podio na categoría de maiores de 50 anos con 4.284 puntos no héptatlon.