Recepción municipal ao Cisne tras o seu ascenso a Asobal: "Este equipo vai estar aí se temos o respaldo da cidade"

Pontevedra
25 de maio 2022

A Casa das Campás foi escenario este mércores dunha recepción oficial do Concello de Pontevedra ao Cisne, "un dous tres equipos da cidade que está na máxima categoría", destacou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores

Recepción municipal ao Cisne polo seu ascenso á Liga Asobal Mónica Patxot

A Casa das Campás foi escenario este mércores dunha recepción oficial do Concello de Pontevedra ao Club Cisne Balonmán tras o seu celebrado ascenso á máxima categoría do balonmán nacional, a Liga Asobal.

"É un dous tres equipos da cidade que está na máxima categoría", destacou no acto o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, desexando que a diferenza do seu primeiro contacto coa elite hai dúas tempadas "este ascenso sexa mantido no tempo".

Pola súa banda o presidente cisneísta, Santiago Picallo, afirmou sentirse "moi arroupado" polo goberno municipal, aínda que lembrou o reto maiúsculo no económico que supón agora confirmar o seu salto de categoría, polo que aínda que a axuda do  Concello "é moi importante se cadra queda curta".

Tanto é así que o dirixente afirmou que "este equipo vai estar aí se temos o respaldo da cidade".

Na recepción interviñeron tamén o edil de deportes, Tino Fernández, alegrándose de que "o ano que vén imos poder gozar do mellor balonmán de España" e un dos integrantes do primeiro plantel do Cisne, o pontevedrés Álex Chan, quen destacou ao seu equipo como "un grupo moi unido, que leva moitos anos traballando xuntos".