O Paseo de Odriozola, na céntrica Praza da Ferrería, converteuse este venres nunha improvisada pista de atletismo para celebrar o aniversario da Sociedad Gimnástica.
O club pontevedrés, que o próximo 2 de setembro cumprirá 90 anos de vida, estrea os seus actos de celebración coa actividade Saltar na Rúa, que se celebra durante este venres e tamén o sábado 26 de agosto.
En pequenos grupos, nenos e nenas entre os 10 e os 16 anos aprenden da man de monitores da Gimnástica os segredos de disciplinas como o salto con pértega, lonxitude e o triplo salto.
Ese é o obxectivo principal, achegar á cidadanía disciplinas menos coñecidas do atletismo e á vez conseguir que os nenos gozar facendo deporte.
O Saltar na Rúa pecharase o sábado, desde as 19:30 horas, cunha exhibición de atletas senior entre os que se atopan os actuais campións galegos destas especialidades.