Semana de reflexión e despedidas no Pontevedra

Pontevedra
17 de maio 2016

Terminada a liga, o primeiro plantel do Pontevedra adestrará dous días, mércores e venres, antes de despedirse cunha cea de final de tempada. O club falará cos xogadores a próxima semana para negociar a súa continuidade ou confirmar a súa saída. Só dous futbolistas do actual equipo teñen contrato en vigor, ademais do cedido Miki

Manuel Ruibal, Lupe Murillo e Roberto Feáns na Xunqueira Mónica Patxot

Terminada a liga, chega a quenda dos despachos no Pontevedra Club de Fútbol, pensando sen perder tempo no equipo da próxima tempada. Pero antes toca reflexión. 

O primeiro plantel, despois do último partido oficial do curso, adestrará dous días máis, mércores e venres, antes de despedirse cunha cea, e non será ata a próxima semana cando o club comece a falar cos futbolistas sobre o seu futuro.

Así o recoñeceu o responsable deportivo da entidade, Roberto Feáns, na Trastienda, faladoiro deportivo de PontevedraViva Radio á que tamén asistiu a presidenta, Lupe Murillo.

A pesar de que só dous xogadores do actual plantel, Kevin e Tomás, contan con contrato en vigor para a próxima tempada, ademais do cedido Miki, a dirixente granate insistiu en que "vamos a seguir apostando por una estractura que está consolidada y algo más".

A continuidade pois será a base do próximo equipo, aínda que si que haberá cambios para buscar o salto de calidade que permita "salir con la ilusión de aspirar al play-off", explicou Murillo. Con todo ambos os directivos cren que "no podemos obsesionarnos" coa fase de ascenso porque "todo llegará a su tiempo", sinalou Feáns.

O responsable da planificación deportiva traballa xa de xeito conxunto con Luisito na confección do equipo e recoñece que "llevamos semanas analizando jugadores y posibles incorporaciones".