Sergio Míguez quédase a un punto do liderado na Copa de España Elite e Sub-23

Pontevedra
29 de abril 2014

O ciclista do Froiz finalizou en quinto lugar no Memorial Pascual Momparler e confírmase como aspirante ao título a falta de dúas carreiras. O Froiz nunca gañou esta competición

Sergio Míguez (esquerda) na chegada do Memorial Pascual Momparler Federación Española de Ciclismo

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz ten máis preto unha das competicións que máis se lle resistiu dentro do calendario nacional, a Copa de España Elite e Sub-23.

O seu corredor Sergio Míguez podería ser o primeiro da escuadra alimenticia en facerse co título se mantén o rendemento que lle situou na segunda praza da xeral a un só punto do liderado, que ocupa o ciclista Unai Intziarte (Gipuzkoa).

Míguez recortou en 32 puntos a distancia que o separa do maillot amarelo despois de finalizar en quinto lugar no Memorial Pascual Momparler, celebrado na localidade valenciana deVillanueva de Castelló.

A cita presentábase como unha das máis complicadas da Copa de España, con 36 quilómetros de paveses que podían marcar a diferenza.

Ao final aínda que as escapadas foron constantes, a última con Cristóbal Sánchez entre os fuxidos, o Memorial decidiuse ao sprint, no que se impuxo o ruso Vadim Zhuralev (Lokosphinx) con Sergio Míguez en quinto lugar.

Pola súa banda o líder da xeral entrou no posto décimo terceiro afectado por unha caída nos quilómetros finais.

A próxima cita da Copa de España será a Clásica de Santa Cruz, en Legazpi, o próximo xoves 1 de maio.

PEDRO MERINO GAÿA A CLÁSICA DE PASCUA DE PADRÿN

Unha das fichaxes do ano do equipo dirixido por Evaristo Portela, Pedro Merino, adxudicouse a primeira proba da tempada do calendario galego, a Clásica de Pascua de Padrón.

A proba estivo dominada polo Froiz, que colocou ademais a José Luis Mariño no cuarto posto e a Antonio de Segovia no quinto.