Sergio Troitiño consegue coa súa prata en Turquía o pase ao Europeo sub 21 de taekwondo

Marín
21 de setembro 2021

O taekwondista do Mat's de Marín conseguiu a medalla de prata na categoría de 78 quilos na President's Cup celebrada en Istambul

Sergio Troitiño, do Mat's de Marín, consegue a medalla de prata na President's Cup de Istambul
Sergio Troitiño, do Mat's de Marín, consegue a medalla de prata na President's Cup de Istambul / Federación Galega de Taekwondo

O prometedor taekwondista do Mat' s de Marín Sergio Troitiño conseguiu a pasada fin de semana en Turquía a clasificación para o campionato de Europa sub 21 do 2022. Xunto a el clasificáronse tamén os galegos Adrián Salanova e Javier Otero.

Na President's Cup disputada en Istambul, o deportista do club marinense conseguiu a medalla de prata na categoría de 78 quilos. Antes de chegar á final, Troitiño desfíxose con facilidade nas roldas previas dos taekwondistas locais Omer Osman, Berdan Ali e Ali Erdem. No combate polo ouro, o ucraíno Ilya Lipatov foi capaz de derrotar ao galego por un contundente 12-23. Aínda que non puido colgarse o ouro, a medalla de prata é suficiente para conseguir o billete para o europeo.

A expedición galega pechou a súa participación na competición turca co ouro de Salanova e a prata de Javier Otero. Pola súa banda, Samuel Meilán quedou ás portas da loita polas medallas ao caer en cuartos de final.