Suevia García, un talento pulido polo Bádminton Ravachol que chama a atención da Selección Española

Pontevedra
23 de setembro 2025
Actualizado: 10:27

A xoven xogadora pontevedresa acaba de ser convocada, por segunda vez, para participar nunha concentración da Selección Española Sub-11 de Bádminton

Suevia García (esquerda), xogadora do Ravachol Pontevedra Bádminton Ravachol Pontevedra

O Club Bádminton Ravachol Pontevedra presume de canteira.

A súa xogadora Suevia García é boa proba diso.

O novo talento do club pontevedrés acaba de recibir, por segunda vez, a chamada da Selección Española.

En concrerto Suevia foi chamada a participar nunha concentración nacional de tecnificación Sub-11 que terá lugar do 30 de outubro ao 2 de novembro na localidade albaceteña de La Roda.

A pontevedresa xa participara no mes de febreiro noutra concentración da Federación Española no CAR Blume de Madrid.

"Ve recompensado con esta chamada o seu esforzo e progresión nas últimas tempadas. Sen dúbida, unha experiencia que lle permitirá seguir crecendo e acumulando vivencias ao máis alto nivel", celebra o Ravachol tras dar a coñecer a boa noticia.

Suevia García é unha dos sete deportistas da súa idade convocados.

Na lista aparecen tamén outros dous xogadores galegos como Pablo Fernández (As Neves) e Eva Lemos (Ponteareas).