Unha terceira plataforma súmase á oferta televisiva para a Primeira RFEF

Pontevedra
18 de agosto 2025
Actualizado: 15:29

A Real Federación Española de Fútbol confirmou este luns a plataforma DIGI TV tamén emitirá esta tempada a Primeira RFEF na que competirá o Pontevedra, con dez encontros por xornada

Amigable de pretempada entre Pontevedra e Arenteiro en Pasarón

A oferta de cobertura televisiva para seguir os partidos do Pontevedra Club de Fútbol en Primeira RFEF segue a aumentar.

A Real Federación Española de Fütbol confirmou este luns que unha terceira plataforma fíxose cos dereitos para emitir os partidos da terceira categoría nacional, na que competirán os granates.

Trátase de DIGI TV, que emitirá 10 partidos cada xornada, empezando xa desde a primeira data do campionato.

Esta plataforma adquiriu o mesmo paquete que ofrecerá Movistar Plus+.

A esas dúas opcións súmase a plataforma LALIGA+, única que ofrecerá a totalidade dos encontros de Primeira RFEF.

No caso de DIGI TV, para poder acceder aos seus contidos é necesario ter contratado o servizo de internet a través de fibra e abonar un suplemento de 7 euros ao mes para facerse co seu paquete de televisión.

A oferta existente, máis aló de que poida sumarse algunha plataforma máis co mesmo paquete de 10 encontros por xornada, só podería completarse si a Televisión de Galicia faise coa opción 3 que establecía a poxa dos dereitos federativos da competición.

Esta última opción contemplaría un acordo para emitir até tres encontros por xornada dos equipos galegos que disputan a Primeira RFEF.