O seleccionador nacional, Jorge Vilda, mantén a confianza en Teresa Abelleira no inicio dunha nova tempada.
A centrocampista pontevedresa do Real Madrid é unha das 23 xogadoras convocadas por España para os dous primeiros compromisos internacionais da fase de clasificación para o Mundial de 2023.
Trátase dos partidos que enfrontarán ao combinado nacional coas Illas Feroe (16 de setembro) e con Hungría (21 de setembro), ambos os dous a domicilio.
Abelleira, que debutou coa absoluta en novembro de 2020, regresa á Selección apoiada polas súas boas actuacións nun Real Madrid que vén de estrearse na Liga de Campións.