O Teucro reforza a liña defensiva co regreso de Álex Gómez

Pontevedra
16 de maio 2026

O canteirán do club azul regresa á Boa Vila tras varias tempadas no Club Balonmán Reconquista de Vigo, equipo no que se consolidou como un gran especialista defensivo

Álex Gómez, novo xogador da SD Teucro SD Teucro

A Sociedad Deportiva Teucro avanza na configuración do plantel para a tempada 26/27 cunha nova incorporación que se suma á recente fichaxe de André De Moura.

Trátase de Álex Gómez, xogador de 26 anos procedente do Club Balonmán Reconquista Vigo pero formado na canteira do club azul.

Álex convértese nunha fichaxe de garatías para reforzar o centro da defensa teucrista xa que os seus anos no equipo vigués consolidáronlle como un dos especialistas defensivos máis fiables da categoría.

Recalou nas filas do Reconquista na tempada 22/23 e alí evolucionou ano a ano até converterse nunha das pezas fundamentais do conxunto olívico en Primeira Nacional.

O seu regreso á cidade lerezana adquire un gran significado dentro do proxecto "Volver" xa que é un xogador que creceu dentro da estrutura do club desde as categorías inferiores.

O técnico do Teucro, Sergio Carballeira, explica que Álex Gómez "é unha fichaxe que encaixa perfectamente no perfil que buscabamos e cremos que se adaptará rápido ao sistema defensivo".

A defensa teucrista, que xa logrou ser a terceira menos goleada da liga na última tempada, refórzase cun perfil de garantías e, o máis importante, cunha gran vinculación ao club.

Álex convértese na segunda fichaxe do novo proxecto da Sociedad Deportiva Teucro, que tratará de buscar o ascenso de categoría a División de Honra Prata.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora