O campionato de Europa de piragüismo maratón que se está disputando en Silkeborg, en Dinamarca, comezou este xoves coas primeiras medallas para a representación galega.
A primeira conseguiuna o padeeiro do Piragüismo Olívico Iván Alonso cunha prata na proba Short Race de maratón. A segunda chegou da man de Tono Campos, que competiu no C1 masculino e acabou en terceira posición logrando unha nova medalla para o seu extenso palmarés nesta disciplina. O grovense bateuse cos dous representantes polacos, que levaron finalmente o ouro e a prata por só 18 e 10 segundos de vantaxe.
A participación do canoista continuará durante toda a fin de semana. O sábado Tono Campos subirase outra vez ao C1 para disputar a proba longa e o domingo volverá facelo xunto a Romero no C2.
Doutra banda, a deportista do Breogán do Grove Tania Álvarez iniciou a súa andaina cun meritorio sétimo posto na final de K1 da proba curta.