O Torneo Internacional Interpontes, comprometido coa doazón de sangue

Pontevedra
07 de agosto 2025

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Club Cisne Balonmán puxeron en marcha unha iniciativa conxunta ás portas do pavillón para fomentar as doazóns

Autobús de doazón de sangue no Torneo Internacional Interpontes

Máis aló do balonmán.

O Torneo Internacional Interpontes non só puxo este xoves á Boa Vila no mapa do balonmán continental, coa presenza de dous equipos de Champions como o Dinamo de Bucarest e o Sporting de Portugal, senón que quixo mostrarse como un evento solidario e comprometido.

Fíxoo a través da colaboración do Club Cisne Balonmán coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

Aproveitando a celebración do evento deportivo, unha unidade móbil do ADOS foi estacionada xunto ao Pavillón Municipal dos Deportes convidando os afeccionados ao balonmán e á cidadanía en xeral a colaborar na doazón de sangue.

Autobús de doazón de sangue no Torneo Internacional InterpontesMónica Patxot

En concreto o autobús de doazón contaba cun horario de atención de 15.30 a 21.00 horas.

Segundo informa o ADOS, animando á cidadanía a colabrar, actualmente as reservas dos grupos sanguíneos A+ e O+ permanecen en niveis baixos.