Tres triunfos para atletas da Gimnástica no Trofeo Reconquista de Vigo

Pontevedra
30 de marzo 2016

A actuación máis destacada foi a de Joselyn Brea, que se impuxo nos 3.000 metros cun rexistro que supón ademais o record nacional do seu país, Venezuela

Joselyn Brea, atleta da Gimnástica Sociedad Gimnástica

Joselyn Brea foi unha das grandes protagonistas do Trofeo Reconquista de atletismo disputado na pista de Balaídos, Vigo.

A atleta da Gimnástica impúxose comodamente nos 3.000 metros cunha gran marca, 9.34.93, que supón ademais un novo record nacional no seu país, Venezuela. Segunda foi a súa compañeira de equipo Paula Santos.

O club pontevedrés sumou ademais outras dúas vitorias, as de Alesandra Campo en salto de lonxitude e Marco Martínez nos 300 metros lisos da categoría cadete, sendo terceiro na mesma proba Antonio Paz. Marco foi ademais segundo no lanzamento de xavelina.

Tamén subiron ao podio María Jiménez ao ser segunda en lanzamento de disco sub-18 e Nicolás Fuentes (300 valas cadete), Marcos Villaverde (pértega cadete) e Lucía Ferrer (100 metros), que foron terceiros.

MILLA DE AVILÉS

En Asturias tamén tivo representación a Gimnástica, da man de Fernando Rial na Milla de Avilés, na que foi terceiro en edadd sub-18 e conseguiu a vitoria na categoría xuvenil.