Ten 24 anos e aínda que é natural de Ourense adestra baixo as ordes do pontevedrés Pablo Hinojar, competindo coas cores do Ximnasia Pontevedra.
É Daniel Pérez, un ximnasta que baixo a tutela de Hinojar acaba de lograr un fito no Campionato do Mundo de Trampolín, que se disputou a pasada fin de semana na localidade danesa de Odense.
Daniel terminou cuarto na gran final de dobre minitramp, ás portas do podio, pero deixou asombrados a todos os seus compañeiros ao executar un salto que nunca se viu nos mundiais, un cuádruplo mortal, batendo o record de dificultade.
Así o recoñeceu, entre outros, o presidente da Real Federación Española de Ximnasia, Jesús Carballo, compartindo na súa conta de Twitter un momento que provocou un gran balbordo no pavillón danés.
Grazas a este cuarto posto, Dani Pérez logrou obter praza para os Xogos Mundiais de 2017.