Vitoria agridoce dun Villalonga que regresa a Preferente

Sanxenxo
11 de maio 2025

A pesar de vencer 2-1 ao Estradense, o conxunto celeste consumou o seu descenso a Preferente Sur ao non darse os resultados necesarios dos seus rivais directos

Partido entre Villalonga e Betanzos Villalonga FC

O Villalonga despediu a tempada cunha vitoria por 2-1 ante o Estradense nun encontro marcado polo pola homenaxe a Nico Fraga, quen se ve obrigado a colgar as botas por motivos laborais tras oito tempadas defendendo a elástica celeste.

Con todo, o triunfo serviu de pouco aos de Sanxenxo, que necesitaban unha picada de Valladares, Barbadás ou Arteixo para salvar a categoría, pero tamén gañaron os seus enfrontamentos correspondentes, certificando o descenso a Preferente Sur o Valladares, Villalonga e Betanzos, que xa estaba descendido desde facía varias xornadas.

A pesar desa carambola tan complicada, os xogadores de Alberto Mariano saltaron ao verde coa intención de brindar unha alegría á súa afección e, ao mesmo tempo, aferrarse a unha remota esperanza de salvación.

No minuto 26 Hugo Abalo puxo o 1-0 e no 89, co partido practicamente decidido, Marcos Blanco sentenciou anotando o 2-1.

Un minuto despois, Diego Fuentes maquillou o resultado para un Estradense que se fai co subcampeonato e xogará a fase de ascenso a Segunda RFEF.

O Villalonga, pola súa banda, consuma o seu descenso de categoría despois dun ano en Terceira División.

Consulta a acta neste enlace