Xornada de deporte adaptado en Montero Ríos para "sensibilizar á sociedade"

Pontevedra
10 de maio 2024

A asociación Amizade, en colaboración da Fundación También, converteu este venres 10 de maio a Avenida Montero Ríos nunha gran pista polideportiva para sensibilizar sobre a importancia do deporte como elemento de inclusión

Xornada de deporte adaptado en Montero Ríos Mónica Patxot

A asociación Amizade, en colaboración da Fundación También, converteu este venres 10 de maio a Avenida Montero Ríos nunha gran pista polideportiva.

De 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas, a céntrica avenida pontevedresa acolleu actividades de deporte adaptado.

"Aproveitamos a xornada para sensibilizar á sociedade", explicou o presidente de Amizade, Paulo Fontán, sobre unha actividade que permite dar a coñecer o material deportivo adaptado, así como contribuír na normalización da vida das persoas con discapacidade.

De feito, segundo incidiu a concelleira de Deportes de Pontevedra, Anabel Gulías, "ás veces é máis importante visibilizar que outras tarefas ás que adicamos moitos esforzos".

Escolares e tamén persoas de todas as idades, con e sen discapacidade, puideron divertirse probando deportes adaptados como o baloncesto, tenis de mesa, tiro con arco, bádminton, boccia, slálom ou handbike, entre outros.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora