VIDEO.- Marea Pontevedra navegou polo espazo que reivindican como "Praza do Mar"

Pontevedra
11 de maio 2019

O candidato á Alcaldía por Marea Pontevedra, Luís Rei, comprometeuse nun novo goberno da cidade "a actualizar as subvencións aos clubs deportivos e a abonalas en tempo, corrixindo a actuación do actual goberno do Bloque de Lores que arrasta unha débeda de varios anos co deporte de base da nosa cidade"

Marea Pontevedra navegou polo espazo que reivindican como "Praza do Mar" Marea Pontevedra

A candidatura de Marea Pontevedra navegou este sábado polo espazo que reivindican como "Praza do Mar", avalada polo arquitecto César Portela, para establecer a comunicación entre a Boa Vila e a ría.

Convidados polo club de piragüismo Ciudad de Pontevedra, visitaron as súas instalacións e puideron comprobar de primeira man a precariedade das dependencias nas que adestran case un centenar de piragüistas.

O candidato á Alcaldía por Marea Pontevedra, Luís Rei comprometeuse nun novo goberno da cidade "a actualizar as subvencións aos clubs deportivos e a abonalas en tempo, corrixindo a actuación do actual goberno do Bloque de Lores que arrasta unha débeda de varios anos co deporte de base da nosa cidade".

Remataron a visita cun paseo polo río Lérez en dragón boat, timoneados polo presidente do club, con quen puideron compartir "a que seguro será unha das mellores xornadas desta campaña electoral", dixeron.