117 novos aspirantes a mestres composteiros

Pontevedra
21 de febreiro 2018

30 prazas para a 'Facultade de Compostaxe' b>están sendo ofertadas, así como 25 bolsas de prácticasb> dunha duración de dous anos

117 novos aspirantes a mestres composteiros Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra recibiu 117 solicitudes para formar parte do proceso de selección da terceira convocatoria das bolsas para mestres composteiros baixo o amparo do Plan Revitaliza. A lista de admitidos provisionais publicarase este xoves.

Tras a revisión de calquera tipo de incidencia ou reclamación, a listaxe definitiva poderase consultar a finais deste mes de febreiro.

A primeira proba realizarase nas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe entre finais de mes e o día 8 de marzo. Así mesmo, os aspirantes realizarán unha entrevista e asistirán a un curso de seis semanas de duración.

Con todo isto, espérase que os novos bolseiros formen parte do Plan Revitaliza o día 1 de xuño como data límite.

Estas bolsas ofrecen 1.400 euros ao mes, incluindo gastos para dietas e desprazamentos. O tempo de duración será prorrogable ata os dous anos.

Para a selección dos bolseiros crearáse unha comisión na que intervirán un xefe de servizo, un representante técnico superior e o secretario da Deputación.

Finalmente 25 bolsas de prácticas serán adxudicadas aos aspirantes.

O obxectivo deste plan provincial de compostaxe é cumprir cos obxectivos da UE de reutilización e reciclaxe.