19 empresas, interesadas en acometer as obras da senda peonil despois da Variante de Marín

Marín
16 de febreiro 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade informa do avance na contratación destas obras entre Coirados e Pardavila, xa licitadas, ás que se destina un investimento autonómico de 720.000 euros

Ethel Vázquez e María Ramallo explican o proxecto de mellora da PO-313 PontevedraViva

Diecienueve empresas presentaron ofertas para acometer os traballos de creación do itinerario peonil e ciclista na estrada autonómica PO-313, entre Coirados e  Pardavila, no municipio de Marín.

O orzamento para esta obra, segundo indica a Xunta de Galicia, ascende a 720.000 euros. Trátase de 2 quilómetros de lonxitude pola marxe esquerda da estrada desde a saída de Marín e conectando coas beirarrúas ata  Pardavila, no punto quilométrico 3+300, unha vez que se pasa a ligazón coa Variante de Marín.

Nos primeiros 15 metros da estrada realizarase unha pequena plataforma para salvar a gabia actual. Despois construirase unha senda en formigón  coloreado de 1,8 metros de ancho medio, aproveitando a beirarrúa nalgún tramo intermedio.

Tamén se instalará unha nova rede de drenaxe e mellorarase a intersección existente no punto quilométrico 2, coa execución dun carril central e dun cambio de sentido.

A Consellería de Infraestruturas sinala que o principal obxectivo é incrementar a seguridade da veciñanza nos seus desprazamentos cotiáns por esta zona.