A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade confirma o financiamento para contratar 23 socorristas nesta campaña de verán de 2023 en sete municipios da ría e da comarca de Pontevedra. Estes concellos son Poio, Marín, Sanxenxo, Moraña, Campo Lameiro, Ponte Caldelas e Catoira.
A Xunta de Galicia xa informou os gobernos locais da concesión destas axudas que ascenden a 88.666 euros.
Seis irán destinadas a salvamento para o Concello de Sanxenxo por importe de 22.146 euros; cinco para Poio por unha cantidade de 19.000 euros; outros cinco para Marín con 17.600 euros; tres para Ponte Caldelas, por 10.560 euros; e dous para as piscinas de Moraña, 7.040 euros; a mesma cantidade que Campo Lameiro; e Catoira, con 5.280 euros.
A subvención é para unha contratación por espazo de dous meses.