A Deputación crea a "Facultade Ágora" tras detectar un "déficit de coñecemento" no tratamento do espazo público

Pontevedra
24 de febreiro 2021

Fernando  Nebot, autor da Guía de mobilidade amable da Deputación de Pontevedra, será docente e coordinador de contidos da "Facultade Ágora" que realizará cursos sobre espazo público e mobilidades alternativas "para seguir avanzando en este modelo de recuperación de espacio para las personas"  

Presentación da "Facultade Ágora"
Presentación da "Facultade Ágora" / Mónica Patxot

A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera, e o deputado de Movilidad e Espazo Público Uxío Benítez, xunto á secretaria técnica da Rede de Cidades que Camiñan Ana Montalbán, presentaron este mércores a denominada "Facultade Ágora" aos representantes dos 54 concellos da provincia que forman parte da  Rede Ágora xunto a consultoras e estudos de enxeñería e arquitectura.

Uxío Benítez lembrou que a Rede Ágora é unha iniciativa promovida pola Deputación e que consiste nunha rede de acción institucional a favor de considerar e valorizar o espazo público como un dereito fundamental da cidadanía. Os concellos adheridos comprométense a incrementar de forma substancial o espazo reservado para as persoas e os itinerarios peonís e ciclables.

Ademais Uxío Benítez anunciou que este mércores o Boletín Oficial da Provincia publica as axudas de 2,4 millóns aos concellos adheridos a esta rede.

Fernando Nebot, autor da Guía de mobilidade amable da Deputación de Pontevedra, será docente e coordinador de contidos da " Facultade Ágora" que realizará cursos sobre espazo público e mobilidades alternativas "para seguir avanzando en este modelo de recuperación de espacio para las personas".

Esta "Facultade Ágora" estará coordinada a través dun convenio pola secretaria técnica da Rede Cidades que Camiñan, e promoverá unha formación transversal "tras detectar un déficit de coñecemento no tratamento do espazo público".

"Talvez sexa a iniciativa máis ambiciosa a este nivel no ámbito internacional", dixo Benítez sobre este foro que mantén "unha ollada moderna e coas persoas no centro".

Serán 12 cursos entre abril e novembro, serán bisemanales os venres para non coincidir coas xornadas laborais. Ofértanse 150 prazas. Estrutúranse en catro módulos nos que se abordarán contidos que viran ao redor de catro eixos: "el buen urbanismo, la buena movilidad, el medio habitable y la economía sostenible", dixo Ana Montalbán.

Benítez destacou o gran nivel dos profesores que impartirán estes cursos, algúns deles de nivel internacional pendentes de confirmación, que se irán desvelando nos próximos días.

Algunhas das persoas xa confirmadas para o profesorado son Zaida Muxi, coñecida pola súa experiencia en cuestións de espazo e xénero; Francesco Tonucci, pedagogo fundador da Cidade dos Nenos’; María Ángeles Durán, Catredrática e investigadora do CSIC; o arquitecto José Fariña autor dun blog sobre pedagoxía, urbanismo e territorio; Rubén Lois, doutor en Xeografía da USC; Izaskun Chinchilla, autora de ‘La ciudad de los cuidados’; José María Ezquiaga, Premio Nacional de Arquitectura; Marta Román, experta en proxectos de mobilidade infantil e consultora en Gea21; Salvador Rueda, Director da Axencia de Eoloxía Urbana de Barcelona; e Alfonso Sanz, autor de ‘Calmar el tráfico’, entre outros, nun elenco que se pechará nas dúas próximas semanas.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva sinalou que "o cambio nunca é froito da improvisación senón do coñecemento, necesitamos ter un modelo claro", neste sentido considera que a día de hoxe "ninguén cuestiona xa o novo modelo, hai conciencia social".

Igualmente adiantou a súa intención de asistir aos cursos "porque coñecer e aprender é a única forma de tomar decisións".

Pola súa banda o vicepresidente César Mosquera lembrou que "ao falar de espazo público falamos de persoas, de comportamentos sociais, de empoderamento. Debemos ocupalo sendo conscientes de que temos dereitos e do rol que ocupamos nel".