A Sala Nemonon, premiada polos arquitectos no certame Gran de Area 2017

Pontevedra
09 de outubro 2017

As delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia fallaron os galardóns da décimo sétima edición dos premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2017, que recoñecen, entre outros, o traballo do arquitecto Mauro Lomba Martínez no espazo multidisciplinar da Sala Nemonon de Pontevedra

Espazo multidisciplinar Nemonon Colexio Arquitectos de Galicia

As delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia fallaron os galardóns da décimo sétima edición dos premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2017, que recoñecen, entre outros, o traballo do arquitecto Mauro Lomba Martínez no espazo multidisciplinar da Sala Nemonon de Pontevedra.

Estes galardóns supoñen un recoñecemento ao labor "conxunto e tan necesario" de todos os axentes que interveñen no proceso de xestación e construción dunha obra de arquitectura de calidade. O obxecto do certame é destacar o valor da obra arquitectónica, unha "pequena pero importante aportación á arquitectura, á creación e á posta en valor do contorno".

Este ano presentáronse 58 proxectos. Destas, 21 propostas foron executadas na demarcación da delegación de Vigo, 19 na de Pontevedra e 18 na de Ourense.

O acto de entrega de diplomas celebrarase o 20 de outubro no Liceo de Ourense, ás 19:00 horas.