A voltas coa seguridad viaria na PO-308

Poio
28 de setembro 2020

A Policía Local de Poio remitirá un novo informe sobre as deficiencias que presenta a PO-308 no tramo da Avenida da Barca. O deputado do BNG por Pontevedra, Luis Bará rexistrou iniciativas parlamentarias nas que reclama á Xunta a que reduza a velocidade a 30 e instale medios físicos de calmado para evitar os atropelos de peóns que se producen de xeito reiterado neste treito da PO 308

Accidene na Avenida da Barca Concello de Poio

A Policía Local de Poio está a preparar un novo informe sobre a situación que presenta na actualidade a Avenida da Barca, un dos tramos da PO-308 que soporta unha maior de densidade de tráfico ao seu paso polo núcleo da parroquia de San Salvador e no que se vén de producir un novo accidente a pasada fin de semana. Neste caso, unha muller sufriu lesións de gravidade ao ser vítima dun atropelo cando se dispuña a cruzar por un paso para peóns.

Este documento será remitido á Consellería de Infraestruturas, departamento que ten a titularidade desta estrada, para que impulse medidas que sirvan para reforzar a seguridade viaria.

Non é esta unha petición nova, xa que o Concello reclamou en varias ocasións nos últimos anos que se leven adopten medidas para reducir a sinistralidade na avenida da Barca.

Segundo os cálculos da Policía Local, por este tramo circulan uns 15.000 vehículos diarios.

BNG NO PARLAMENTO GALEGO

Pola súa banda o deputado do BNG por Pontevedra rexistrou este luns iniciativas parlamentares nas que reclama á Xunta a que reduza a velocidade a 30 e instale medios físicos de calmado para evitar os atropelos de peóns que se producen de xeito reiterado neste treito da PO 308.

Ademais destas medidas urxentes, o BNG reclama que o goberno galego impulse, en coordinación co concello de Poio, medidas a medio prazo como proxecto de urbanización da avenida da Barca e a a construción do vial de conexión entre a PO 308 e a estrada da Vilagarcía polo Vao.